HomePolítica"Menos propaganda e mellor mantemento das estradas" piden as agrupacións de Interior...

“Menos propaganda e mellor mantemento das estradas” piden as agrupacións de Interior Galego Vivo

Interior Galego Vivo (IGV), a iniciativa das súas agrupacións Alternativa Veciñal Antas de Ulla e Por Chantada, denuncia o estado da N-540 "que pon en perigo a seguranza viaria e discrimina a viciñanza".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Interior Galego Vivo dirixiuse ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para que acometa actuacións urxentes nesta vía, que conecta Ourense con Lugo e é de gran importancia para os concellos do partido xudicial de Chantada. As abundantes choivas e o mal estado das gabias ten contribuíndo a deteriorar aínda máis o estado da N-540.

Ademais, unha das agrupacións de IGV, Por Chantada dirixiuse á Deputación de Lugo para demandar o arranxo de varias estradas da súa titularidade, como a LU-P-1801 (Santiago de Riba – Peares), “unha estrada desfeita pola arroiada do regato da Porqueira, que precisa ser arranxada con urxencia procurando solucións duradeiras para previr grandes corrementos como os acontecidos e intervindo en Sernande onde hai un dique que está cedendo e a estrada fendida podendo producirse unha desgraza.”

Por Chantada considera de extrema necesidade o arranxo da: LU-P-1801 (Santiago de Riba ata Peares), LU-P-1002 (San Amaro – Esmoriz), LU-P-1805 (O Seixo – Esmoriz), LU-P-1806 (Rabelas – Boán), LU-P-1807 (O Seixo-LU-P-1002), LU-P-1809 (Chantada-Antas), LU-P-1815 (Viana-Comezo), LU-P-1816 (Outeiro-Viana) e LU-P-1817 (Alto de Ramos – Santa Uxía).

Lamentan que o Goberno local non puxese en marcha a comisión de infraestruturas e o plano de infraestruturas que se aprobou en pleno para priorizar criterios técnicos e de premura no arranxo das estradas. E insisten en que na actualidade, o estado das estradas dificulta a actividade agrogandeira da zona, os desprazamentos aos lugares de traballo, a prestación de servizos no fogar como poden ser o SAF ou rehabilitación ou o fornecemento diario de produtos de primeira necesidade (pan, peixe…); e prexudica as iniciativas de turismo rural e a atracción de visitantes.

Pista Chantada / Por Chantada

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...