HomesociedadeEn busca de solucións para a pista afundida en Vilamaior, sobre o...

En busca de solucións para a pista afundida en Vilamaior, sobre o rego de Bacelo

O alcalde de Sarria, Claudio Garrido, convocará nos vindeiros días unha reunión cos veciños da parroquia de Vilamaior para abordar asposibles solucións técnicas para o arranxo da pista afundida o pasado martes no treito que pasa sobre o rego de Bacelo, entre a igrexa de Santa María de Vilamaior e a estrada provincial LU-P-5709.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A pista permanece cortada ao tráfico e conveniente sinalizada desde o mesmo martes e, segundo avanzou o rexedor, “será complicado buscar unha solución a curto prazo, polo menos mentres siga a chover e corra tanta cantidade de auga, o que obrigará aos veciños a dar un pequeño rodeo”.

“Analizaremos se é mellor optar por unha solución urxente, aínda que sexa de menor calado, ou por unha obra máis complexa que evite que estas situacións se poidan reproducir no futuro”, manifestou Claudio Garrido, que pediu aos afectados “comprensión e paciencia ante unha incidencia ocasionada polo temporal”.

Por outra parte, o alcalde tamén se desprazou ata o lugar de Río, na parroquia de Maside, para supervisar os traballos de limpeza de cunetas realizados o pasado martes por persoal municipal e que evitaron desde ese día novas inundacións en polo menos tres vivendas da zona que sufriran anegamentos nos días anteriores

ÚLTIMAS

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...