HomePolíticaO alcalde de Quiroga pídelle á Subdelegada do Goberno que xestione o...

O alcalde de Quiroga pídelle á Subdelegada do Goberno que xestione o arranxo da N-120

O rexedor matizou que esta estrada que ten máis de 30 km dentro do termo municipal de Quiroga, está chea de fochancas, o que fai moi dificultosa a circulación e incluso perigosa, sobre todo en días de choiva.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

En opinión de Julio Álvarez, a situación non se vai resolver tapando as fochancas. “A banda de rodamento desta estrada leva moitos anos feita, ten unha vida que xa rematou, polo que habería que fresala e facela de novo, polo menos a banda de rodamento”. De non realizarse así “todos os anos se estará na mesma situación, posto que a banda de rodamento actual  comezouse nos anos 70 e evidentemente, como todos os materiais de construción, teñen unha vida e deterioranse”.

Julio Álvarez pediulle á Subdelegada do Goberno que se dirixa á Xefatura Territorial de Estradas na Coruña e ao Ministerio de Infraestructuras para que solucione este problema que fai “que unha estrada importante, en canto ao número de vehículos e usuarios, en época invernal, case perda a categoría de Estrada Nacional para converterse nunha vía que non reúne as condiciones para ter esta consideración”.

N-120 / Concello de Quiroga

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...