HomePolíticaOs populares de Monforte non se esquecen dos danos ao castro e...

Os populares de Monforte non se esquecen dos danos ao castro e aos camiños de Chavaga

O Grupo Municipal Popular de Monforte preguntará no vindeiro Pleno ao Goberno Local polas medidas que ten tomado o Concello para reclamar a reparación dos danos ocasionados polos madeiristas.

Publicado o

- Advertisement -

Un ano despois da vaga de lumes que tanto dano fixo a Galicia e que tamén afectou ás terras de Lemos, sendo Chavaga un dos lugares afectados, quedan temas pendentes por resolver. Un deles, no caso deste lugar, é o da reparación dos danos ocasionados ao castro e aos camiños tras a retirada de madeira queimada polos madeiristas. Os populares instan ao Goberno Local a esixir un resarcimento por parte dos responsables e abren de novo o debate sobre a necesidade dunha ordenanza que regule a extracción de madeira dos montes do municipio a través de espazos públicos. Segundo se coñece, existe un borrador elaborado polo anterior goberno que non chegou a aprobarse e os populares pedirán retomar a aprobación dunha normativa nese sentido.

Segundo palabras da voceira municipal desta formación política, Julia Rodríguez: “despois de dous meses nin o señor Tomé nin o concelleiro de obras teñan tomado ningunha iniciativa ao respecto dos danos provocados pola maquinaria pesada tanto nos muros de pedra do propio castro coma nos camiños municipais e na ladeira do monte tal e como temos comprobado dende o Grupo Popular Municipal”.

a riqueza dos castros en monforte

O termo municipal de Monforte conta con numerosos castros como son, por exemplo: en Baamorto e Cinsa, Caneda, Fabeiro, Chavaga, Fiolleda, Marcelle, o de San Vicente (Monforte capital), os de Moreda, o das Nocedas, o da Parte, o da Penela, o do Cornao, os de Reigada, Rozavales, o Eivedo, Tor, Sindrán, a Vide, Vilamarín…

Moitos están sen catalogar e outros, seguramente sen descubrir e este feito favorece que sexan máis vulnerables á hora de sufrir danos, ás veces, irreparables. Precisamente, o castro de Chavaga “é un destes que non están á vista, pero que a memoria popular e mesmo a súa orografía rebelan a súa importancia e o seu tamaño”, explican dende o PP local.

ÚLTIMAS

Preséntaselle aos concellos o proxecto Turembalses para potenciar o turismo de encoros

“Turembalses dotará ao turismo rural do noso territorio dun elemento de diversificación e atractivo,...

Tres novos vehículos para dar servizo ás zonas rurais da Pobra do Brollón

Os novos vehículos son dúas pick up e un todocamiño que están xa a...

Proxéctase a mellora urxente do Estado Municipal da Ribela

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse co alcalde de Sarria,...

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...