HomeCulturaRoi Rigueira presenta a "Guía dos elementos máis sobranceiros de Taboada"

Roi Rigueira presenta a “Guía dos elementos máis sobranceiros de Taboada”

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou en Taboada na presentación da Guía dos elementos máis sobranceiros de Taboada, de Roi Rigueira. Un acto que acolleu o salón de actos da antiga Casa Cuartel da localidade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este libro xorde despois dunha serie de notas publicadas en Facebook, como resultado de rutas feitas en bicicleta por todos os recunchos e monumentos, con mochila e caderno. A respecto diso, a García Porto afirmou que Roi é “un home polifacético, de moitos talentos. É concelleiro e porteiro de fútbol, experto en seguros e ciclista, apicultor afeccionado, escritor e, como el presume sempre, pai”. Tamén loou a súa capacidade por conxugar a modernidade e a tradición. “O seu traballo é un exemplo para todos, de que a tradición e a modernidade non se exclúen, senón que van da man, que un pescuda e descobre, logo emprega as redes sociais para dar a coñecer”, puxo de exemplo.

García Porto explicou que a institución provincial colabora con esta publicación porque “temos entre os nosos obxectivos a promoción do talento e da creatividade dos lucenses. Por iso imos mercar exemplares para engadilos aos libros que entregamos como agasallo a quen nos visita”.

A Deputada convidou ás persoas asistentes a percorrer Taboada a vista de bicicleta, “desfrutando de todo o que a curiosidade do autor recolle nestas páxinas e documentan as máis de 130 fotos que acompañan o volume, que está feito dende a paixón e o amor pola terra, polas nosas raíces”. Destacou que “os percorridos de Roi son unha invitación a que fagamos por nós mesmos as súas rutas, unha reivindicación do turismo lento, en contacto coa natureza, apreciando os valores do local”.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...