HomesociedadeNovo miradoiro Picota - Os Peares, no concello de Carballedo

Novo miradoiro Picota – Os Peares, no concello de Carballedo

A Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, visitou o novo miradoiro A Picota - Os Peares localizado no concello de Carballedo e que forma parte das actuacións do convenio que regula o Pacto pola Paisaxe entre o organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio, o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra e Federación Galega de Municipios e Provincias, que pretende promover a protección e mellora do medio ambiente da Ribeira Sacra.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Por unha banda instalouse a plataforma, ubicada no Alto da Picota que se fixa sobre a rocha, elevándose sobre ela e intentando que o impacto sexa o menor posible sobre o terreo e sobre a visión do conxunto. Acondicionouse tamén un acceso para vehículos, zona de estacionamento adaptado e miradoiro adaptado a persoas con mobilidade reducida.

Instaláronse paneis interpretativos e a sinalización do itinerario dende a Ponte Nova dos Peares. O investimento para este punto de contemplación dos tramos finais dos Itinerarios de Interese Paisaxístico 16 e 17 foi de 65.814,81€.

Deste este miradoiro pódese observar:

  • Últimos km do itinerario do Miño
  • A presa dos Peares ao completo e o embarcadoiro
  • O núcleo dos Peares e as súas pontes
  • A icónica confluencia dos ríos Sil, do Miño e Bubal
  • A estación do tren, a vía ferroviaria e a característica ponte de ferro azul, elemento destacado do patrimonio industrial de Ribeira Sacra
  • O trazado da N-120 (principal vía de comunicación na Ribeira Sacra) tanto no seu trazado antigo coma no novo
  • Mosteiro de Santo Estevo e Os Castros, que pertence ao outro itinerario (PIF 17B)
  • Bancais de viñedos
  • As vistas dos catro concellos que conforman Os Peares (A Peroxa, Nogueira de Ramuín, Carballedo e Pantón) pertencentes ás provincias de Lugo e Ourense


Miradoiro A Picota – Os Peares / Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra

ÚLTIMAS

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...

A Conselleira de Medio Rural avalía en Pantón e Folgoso do Courel iniciativas para a prevención de incendios e o desenvolvemento rural

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da...

O PP advirte que “o Goberno de Sánchez non compromete unha data para o remate da rehabilitación da N-540”

Os deputados do PP no Congreso por Lugo e Ourense consideran preocupante que “o...

Xornada de formación ambiental e pesca responsable en Monforte

A cidade de Monforte acolleu unha interesante xornada formativa sobre medioambiente e pesca responsable...