HomesociedadeBóveda comeza esta semana o programa de envellecemento activo

Bóveda comeza esta semana o programa de envellecemento activo

As persoas interesadas poden inscribirse chamando ao teléfono 982 42 60 06. Os lugares elixidos son aqueles que contan cun mínimo de 10 persoas para levarse a cabo as actividades. Se nalgún outro lugar se forma un grupo con este número de persoas, poden poñerse en contacto co Concello para ver a posibilidade de estender as actividades a novos lugares e parroquias.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Bóveda pon en marcha o Programa de Envellecemento Activo para o ano 2023 con actividades totalmente gratuítas de memoria e ximnasia en diferentes parroquias. Todas elas darán comezo nesta semana:

  • Bóveda, martes de 11:00 a 12:30 horas no Centro Sociocultural de Bóveda obradoiro de memoria.
  • Rubián, mércores no local social de Rubián, se 17:15 a 18:45 horas obradoiro de memoria e de 19:00 a 20:00 horas ximnasia.
  • Raíña, mércores no local social de Raíña, de 15:30 a 17:00 horas obradoiro de memoria e de 17:30 a 18:30 horas ximnasia.
  • Ribas Pequenas, xoves no local social de Ribas Pequenas, de 15:30 a 17:00 obradoiro de memoria e de 17:30 a 18:30 horas ximnasia.
  • Guntín, xoves no local social de Guntín, de 17:15 a 18:45 horas obradoiro de memoria e de 19:00 a 20:00 horas ximnasia.

ÚLTIMAS

Olga Novo participa nun acto coa ‘represión franquista contra a arte’ como protagonista

A voz da escritora Syra Alonso (A Coruña, 1899 – México, 1970) emerxe dende...

Monforte mellorará o punto limpo e os contedores cun investimento de máis de 41.000€

O Punto Limpo do Concello de Monforte construíuse no ano 2000 e desde ese...

A segunda fase da mellora da LU-651 entre Folgoso e Seoane, un dos principais investimentos da Xunta no 2026, aseguran os populares

A deputada do Grupo Popular no Parlamento de Galicia visitaba o municipio xunto á...

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...