HomesociedadeA Deputación e Renfe poñen en marcha un tren turístico para promocionar...

A Deputación e Renfe poñen en marcha un tren turístico para promocionar a Ribeira Sacra e a provincia

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e o presidente de Renfe Viajeros, Isaías Táboas Suárez, asinaron este venres na Sala de Xuntas do Concello de Monforte de Lemos un protocolo de intencións entre a institución provincial e a entidade ferroviaria co obxectivo de poñer en marcha un tren turístico para promocionar a Ribeira Sacra e o conxunto da provincia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O mandatario provincial puxo en valor o acordo, que dará lugar a “unha nova iniciativa de promoción do territorio, que consistirá en traxectos que, aproveitando a chegada do AVE a Ourense, trasladarán aos viaxeiros ata Monforte, dende onde partirán rutas específicas, en autobús e con guías, a diversos puntos de interese, como monumentos, paraxes naturais, bodegas ou que, por exemplo, xeren sinerxías coas rutas fluviais en catamarán que ofrecemos desde a Deputación por polos canóns do Miño e do Sil”, explicou.

A institución provincial traballa “cunhas previsións económicas optimistas, no sentido de que este proxecto non terá custe” nin para a Deputación nin para Renfe, e será autosostible, tendo en conta que a Ribeira Sacra está de moda como destino, e o tren é un medio cada vez máis apreciado e valorado pola súa modernidade, a súa sostibilidade e a súa capacidade para facernos recorrer as paisaxes a un ritmo áxil, pero sen perder nin un só detalle.

O Presidente subliñou que este proxecto turístico “reforza dunha maneira moi importante a ampla estratexia que estamos desenvolvendo dende a Deputación neste ámbito, en permanente diálogo e colaboración coas asociacións profesionais do propio sector”. Neste sentido, incidiu en que a institución aposta por “un turismo sostible, de calidade, de experiencias, que pon en valor o noso patrimonio, que xera riqueza e emprego, sobre todo no rural e, polo tanto, contribúe a algo tan necesario como fixar poboación”. Unha vez asinado o protocolo de intencións, para a posta en marcha efectiva deste servizo será necesaria a elaboración e aprobación dun convenio de colaboración entre ambas institucións, no que se definirá a oferta concreta do tren turístico, as rutas a realizar e a tempada de funcionamento, que normalmente se estende entre os meses de primavera e outono.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...