HomeDeportesÉxito total do IX Quiroga Trail Challenge

Éxito total do IX Quiroga Trail Challenge

Sete carreiras con 1.200 participantes en dous días cheos de nervios, ganas e, sobre todo, emocións moi intensas. Fin se semana para percorren os máis recónditos lugares do territorio Lor.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Organización e voluntarios empregáronse a fondo para que todo saíse á perfección e así foi. Sen dúbida, o evento cumpriu coas expectativas de todos os asistentes: corredores, acompañantes e voluntarios. “Infinitamente agradecidos polo labor desempeñado polos 140 voluntarios ao longo de toda a fin de semana, ademais de todo o seu traballo previo. Sen eles, isto non sería posible” expresan emocionados Blas Rodríguez e José Manuel Rodríguez, impulsores do evento.

Ao podio masculino do minitrail subíronse Nicolás Besoy, Christopher Fernández e Eloy Martínez, en primeiro posto, segundo e terceiro respectivamente. En mulleres as gañadoras foron Beatriz Álvarez, Cristina Rodríguez e Aida Cadrado, nesa orde. Na distancia trail os gañadores foron David Rodríguez, Ramón Roselló e Álvaro González, respectivamente. As tres primeiras mulleres foron Lucinda Sousa, Esther Márquez e Patry Noya. En canto aos circuítos, os gañadores do minitrail foron Christopher Fernández e Beatriz Álvarez; no circuíto trail, Javier Janeiro e Patry Noya; en distancia circuíto maratón, Eduardo Fabeiro e a portuguesa Lucinda Sousa. Finalmente, no circuíto ultra repetiron vitoria José M. Gil e Silvia Trigueros.

Balizajes, seguridade, avituallamientos, fotógrafos ao longo de todos os percorridos, os recibimentos en meta, todo funcionou á perfección nesta festa do trail galego. Coas emocións aínda a flor de pel, a organización e os concellos de Quiroga e Ribas de Sil agradecen unha vez máis a confianza depositada.

Quiroga Trail Challenge 2023 / Ivancho López

ÚLTIMAS

“O que hai que ver!”, a vindeira obra de teatro no Multiusos de Monforte

O teatro volve este xoves 23 de outubro ao Edificio Multiusos de Monforte dentro...

Tomé asegura que manterá conxeladas as taxas, agás auga e saneamento que subirá un 3%

Este luns, 27, de outubro, lévase ao pleno do Concello de Monforte a proposta...

Lemos Le celebra o Día das Bibliotecas co lema: “Contra a desinformación, bibliotecas”

Unha das datas máis importantes para o colectivo, é o 24 de outubro, Día...

Do 23 ao 25 de outubro Monforte acolle as Xornadas Lactouras

As Xornadas comezan este xoves, 23 de outubro, cunha exhibición gastronómica e degustación a...