HomeCulturaNova sede para a Escola de Música "Samoeiro" da Pobra do Brollón

Nova sede para a Escola de Música “Samoeiro” da Pobra do Brollón

Antes de contar co edificio, as clases desenvolvíanse na Casa da Cultura. Grazas á nova sede, agora cóntase con espazos especificamente deseñados para as aulas, e as salas da Casa da Cultura quedan máis liberadas para outras actividades. As aulas da nova Escola tamén poderán acoller outras clases que se ofertan dende o Concello, como as de ioga.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Escola de Música municipal ‘Samoeiro’ leva quince anos ofertando unha ampla variedade de clases de música e baile a nenos e adultos, veciños na súa maioría na Pobra do Brollón, pero tamén procedentes doutros concellos da bisbarra.

“É un orgullo contar na Pobra do Brollón cunha Escola de Música como a nosa,” comenta o alcalde Xosé Lois Maceda. “Ten unha oferta educativa de gran calidade e variedade, sendo ademais un eixe vertebrador da comunidade guímara. Por isto merece un edificio propio onde poder desenvolver e seguir medrando a súa actividade,” engade. 

A nova escola sitúase nun edificio en desuso do colexio, agora rehabilitado con fondos propios e do Plan Leader para acoller non soamente a Escola de Música, senón tamén o novo albergue municipal, que unha vez rematado estará aberto na segunda planta. “Optimizamos deste xeito patrimonio municipal en desuso. Grazas á rehabilitación, estamos a crear nova infraestrutura para albergar actividades comunitarias e dinamizar a economía local,” comenta Maceda.

Dende a semana pasada as clases xa se están a desenvolver na nova Escola, aínda que nas vindeiras semanas seguirase a dotar a Escola de máis mobiliario e equipamento.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...