HomeComarca de SarriaParadelaConfirmada sanción a un garda civil por tardar en comunicar unha denuncia...

Confirmada sanción a un garda civil por tardar en comunicar unha denuncia do alcalde de Paradela

Ao axente impúxoselle unha sanción disciplinaria, de dous días de perda de haberes coa suspensión de funcións, como autor dunha falta leve.

Publicado o

- Advertisement -

A Sala do Militar do Tribunal Supremo (TS) confirmou a sentenza que ratifica unha sanción a un garda civil por tardar en comunicar aos seus superiores unha denuncia do alcalde de Paradela, José Manuel Mato, por unha presunta agresión.

Ao axente impúxoselle unha sanción disciplinaria, de dous días de perda de haberes coa suspensión de funcións, como autor dunha falta leve consistente en “o atraso, neglixencia ou inexactitude no cumprimento dos deberes e obrigacións”.

Segundo recolle a sentenza, os feitos remóntanse ao 19 de novembro de 2019, día no que o rexedor se personó para interpor unha denuncia sobre unha presunta “agresión física e verbal” por parte dun veciño nas dependencias municipais.

Nesa xornada, o comandante do posto da Garda Civil estaba de descanso semanal, polo que dita denuncia foi recollida polo cabo primeiro que tiña nomeado o servizo, quen chamou en dúas ocasións ao seu superior para informarlle do acontecido.

Ao día seguinte, engade, o sarxento primeiro reincorporouse ao seu posto pero “non efectuou ningunha actuación, nin en referencia á comunicación e traslado á superioridade dos feitos sucedidos e coa denuncia presentada, nin en relación coa eventual subsanación dalgunha posible deficiencia”.

En consecuencia, o coronel xefe da Comandancia de Lugo non tivo coñecemento da denuncia formulada polo rexedor ata o 21 de novembro, tras recibir unha chamada telefónica da subdelegada do Goberno da provincia na que

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...