HomesociedadeSemana grande do entroido na Pobra do Brollón

Semana grande do entroido na Pobra do Brollón

Chega unha semana repleta de actividades de Entroido no municipio da Pobra do Brollón. A primeira é o obradoiro infantil de comadres, este martes 14 ás 17:30 na Casa da Cultura ‘Olga Novo’. O 20 de febreiro sairá o oso de Salcedo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No obradoiro de comadres que terá lugar este martes a partir das 17.30, participan os alumnos de 2º, 4º e 6º. Os de infantil poderán asistir indistintamente. Non é preciso apuntarse. O xoves 16, día de comadres, realízase un concurso con diferentes categorías (individual e colectivo, tanto de adultos como de nenos). Ao concurso é posible anotarse ata ás 14:30 do mesmo xoves. Ese día pola tarde a partir das 18:30, as persoas que queiran poden correr as comadres e participar na queima colectiva das figuras. Tras a queima convidarase a unha chocolatada.

O venres terá lugar a última charla do ciclo “Desenmascarando o Entroido”. Será ás 20:15 na Casa da Cultura ‘Olga Novo’ a cargo do investigador local, Felipe Castro. Baixo o título “Tres actividades tradicionais e unha mascarada ritual”, Castro centrará a súa charla na celebración do Entroido na parroquia de Salcedo.

Coa fin de semana, chega o evento grande da programación municipal co desfile de Entroido. Na tarde do sábado 18 a partir das 17:00 h, os disfraces, comparsas e carrozas percorrerán as rúas da Pobra do Brollón, acompañados polo charanga RQR. Rematarán na Casa da Cultura coa entrega de premios tanto dos compadres e comadres, como dos participantes no desfile. Para participar no desfile é preciso anotarse antes das 13:30 h do venres 17. 

O sábado tamén comeza a programación de Entroido de Salcedo coas funcións de teatro (sábado e domingo ás 22:00h). O domingo ás 17:00 será o pregón, seguido dos disfraces de campo e madamas e danzantes. O Entroido salcedán continúa ata o martes 21, co luns da saída do Oso como evento central.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...