HomeComarca de QuirogaMonforte, Sarria, Sober e Quiroga recibirán axudas para un lavado de cara...

Monforte, Sarria, Sober e Quiroga recibirán axudas para un lavado de cara dos seus edificios

Publicado o

- Advertisement -

A Xunta destinará máis de 520.000 euros para que os concellos de Monforte, Sober, Sarria e Quiroga realicen accións de rehabilitación integral dos seus edificios, sobre todo, aqueles que están en zonas patrimoniais, cascos antigos ou rurais.

Así, en Monforte de Lemos haberá actuacións no seu conxunto histórico por valor de 186.159,37 euros. En Quiroga as axudas superarán os 200.000 euros para rexenerar o seu núcleo urbano, mentres que na zona antiga de Sarria serán case 40.000 euros e nas zonas rurais de Sober de 109.000 euros.

O Consello da Xunta de Galicia aprobou este xoves a sinatura de 54 convenios de colaboración entre o IGVS e 35 concellos galegos para o desenvolvemento destas accións en diversas áreas de rehabilitación integral. O importe global da totalidade dos convenios ascende a case 18 millóns de euros.

Gastos financiables

As actuacións en áreas de rehabilitación integral teñen por obxecto o financiamento da execución conxunta de obras de rehabilitación en edificios e vivendas, incluídas as vivendas unifamiliares. Tamén a execución de obras de urbanización e reurbanización de espazos públicos e de obras de demolición e edificación de vivendas de nova construción.

Por outra banda, tamén haberá axudas para o custo do realoxo temporal de ocupantes da súa vivenda habitual, froito das actuacións que se realizan e para os gastos de mantemento de equipos técnicos e oficinas de información e xestión municipais.

Unha vez asinados os convenios cos correspondentes concellos, serán estes os encargados de realizar a convocatoria para que os propietarios de vivendas e edificios de vivendas interesados nelas poidan solicitalas. No caso de concellos nos que existe máis dunha área de rehabilitación, a repartición de fondos entre eles foi realizado polo propios concellos.

ÚLTIMAS

Queres ser paxe na Cabalgata dos Reis Magos de Chantada?

As prazas para participar son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. Os pais...

O PP de Monforte celebra o investimento anunciado para a rede de abastecemento e espera que “non quede en papel mollado”

Os populares aseguran que “temos claro que o alcalde se moveu grazas á nosa...

Primeira fin de semana do ‘Mercado de Nadal’ de Monforte

Este sábado 21 de decembro abrirá as súas portas o Mercado de Nadal do...

21 de decembro de Petiscos de Nadal en Taboada

A ACIMTA, Asociación de Comerciantes e Industriais do Concello de Taboada vén desenvolvendo no...