HomeEconomía400.000€ para melloras viais en Sarria co Plan Único

400.000€ para melloras viais en Sarria co Plan Único

O Concello de Sarria destinará preto de 400.000 euros do total dos 520.000 euros do Plan Provincial Único de Cooperación cos Concellos 2023 a cinco proxectos de mellora de viais. O resto de fondos do Plan destinarase a melloras na Residencia de Maiores Nosa Señora do Carme, ao Servizo de Axuda no Fogar e á contratación de seis operarios durante catro meses para os departamentos de Obras, Medio Ambiente e Medio Rural.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O proxecto de rexeneración e renovación de vías municipais que máis investimento recibirá (204.000 euros) inclúe as seguintes actuacións de mellora de accesos: Teilonxe (San Pedro de Froián), acceso á Escola da Pena (Fontela), San Xulián da Veiga, O Romeo (Maside), treitos dentro do núcleo de Manán, Currial (Maside), O Fondón (Ortoá), Ferreiros, Lamparte, acceso a Vilanova desde Mezur e A Pinza.

Os outros catro proxectos, que recibirán 48.000 euros cada un, consisten na renovación do firme da pista de acceso a Treilán desde a estrada LU-546, a renovación do firme da rúa Regata-Oural, a mellora do firme nos accesos a San Silvestre- Barbadelo e a renovación do firme da rúa Fornos. Mentres continúan os traballos de asfaltado na explanada do Chanto, tras rematar onte na contorna do Centro Deportivo Saúde Sarria. Estas tarefas acometeranse posteriormente na rúa das Ameneirizas.

O Plan Único empregarase tamén na adquisición de material e o pintado de estancias interiores da Residencia de Maiores Nosa Señora do Carme con 58.000€, 20.000 euros no Servizo de Axuda no Fogar e 48.000 euros na contratación de seis operarios durante catro meses para os departamentos de Obras, Medio Ambiente e Medio Rural.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...