HomeCulturaAlumnado de Monforte participa da celebración do ano novo das árbores "Tu...

Alumnado de Monforte participa da celebración do ano novo das árbores “Tu Bishvat”

Este luns, o alcalde de Monforte celebrou cos rapaces e rapazas esta festa xudia moi vinculada ao mundo agrícola. Trátase do novo ano das árbores e danse as grazas polos produtos que nos envía a natureza e para mostrar este agradecemento, é tradicional plantar unha árbore e ofrecer améndoas, pasas e dátiles.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta é unha nova iniciativa que se pon en marcha dende o Concello para difundir e poñer en valor a riqueza cultural sefardí. Este ano que a capitalidade da Rede de Xuderías recae en Monforte de Lemos, refórzanse aínda máis as accións e actividades que axuden a potenciar o legado xudeo de Monforte.

Conscientes da labor formativa multidisciplinar que se fai nos centros educativos e coñecedores de que as actividades grupais e fora do entorno propiamente lectivo, constitúen unha oportunidade para a adquisición de competencias imprescindibles para os alumnos, convidouse aos colexios a gozar desta iniciativa como unha fórmula de divulgación da festa que poida achegar aos rapaces ao coñecemento da herdanza que deixaron nas cidades e pobos que habitaron e ó mesmo tempo, fomentar entre eles valores de respecto hacia todas as culturas e tradicións.

Os colexios que participaron da plantación do olivo foron Os Escolapios, Torre de Lemos e Ferroviario. No Parque dos Condes agora lucirá para sempre unha homenaxe á natureza como agradecemento a todo o que nos dá.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...