HomesociedadeNovo vehículo de salvamento para o Parque de Bombeiros de Sarria

Novo vehículo de salvamento para o Parque de Bombeiros de Sarria

O Consorcio Provincial de Bombeiros incorpora dous novos furgóns de salvamento para os parques comarcais de Vilalba e Sarria co obxectivo de reforzar o parque móbil tanto para os servizos que se prestan na metade norte da provincia coma na metade sur. O investimento para a súa adquisición foi de preto de 380.000€.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O obxectivo é que estes vehículos teñan un uso polivalente polo seu tamaño medio, sendo máis pequenos que os camións BUL, o que permite acceder a lugares máis estreitos e de accesos máis complicados. Tamén serán moi útiles para transportar o material de excarceración ou outros equipos de menor dimensión que se poden levar ás emerxencias de tal xeito que se complementen os equipos actuais.

Cada un dos seis parques de bombeiros contaba ata o momento con tres camións (unha bomba urbana lixeira, unha bomba nodriza pesada e un vehículo de altura), así como cun vehículo todoterreo.

O Consorcio Provincial de Lugo para Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento está formado pola Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia, cunha participación do 50% de cada institución, e inclúe os parques de Monforte de Lemos, Barreiros, Chantada, Vilalba, Sarria e Viveiro.

ÚLTIMAS

Preséntase o cartel e o programa de actos das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón

Da presentación das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón encargáronse o alcalde...

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...