HomePolíticaUnanimidade para elexir a Darío Piñeiro como candidato socialista en Láncara

Unanimidade para elexir a Darío Piñeiro como candidato socialista en Láncara

Os socialistas de Láncara decidiron por unanimidade elixir como candidato para as elección municipais do 28 de maio ó actual Alcalde do concello, Darío Piñeiro. O rexedor aspira a ampliar a maioría acadada fai catro anos, contando para elo “cun equipo consolidado e con experiencia de xestión que reforzará a candidatura".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Darío Piñeiro subliñou que entre os seus obxectivos está “darlle continuidade ós importantes proxectos que están en marcha é que están a cambiar radicalmente a imaxe do noso concello”. Neste sentido, lembrou que “Láncara recibiu no mandato da Covid o maior investimento da súa historia. E iso vese e nótase na evolución do noso municipio”.

Piñeiro asegura que o rural será un dos eixos fundamentais do proxecto para os próximos catro anos. “Imos volcarnos cunha aposta moi forte polo rural. Eu tiña esperanzas de que a Xunta na que goberna o PP, que ten a obriga de facelo, se preocupara por elo, pero non fixeron nada. Así que será a miña prioridade. Quero que a xente do rural teña servizos públicos de calidade e verdadeiras oportunidades para quedar a vivir no rural”.

A mellora dos servizos públicos, o apoio ós sectores produtivos e a dinamización do ocio e da cultura son factores esenciais para fixar poboación segundo o candidato socialista, “Quero incorporar xente nova, e por iso lle encarguei a Alba Sangil a redacción do programa naquelas cuestións que teñen que ver coa Cultura, o Deporte, a Xuventude o Turismo e a Hostalaría, pola experiencia que atesoura. A miña idea é que ocupe un posto de saída e nos axude a darlle un novo impulso a estas áreas”.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...