HomeComarca de ChantadaChantadaFerido grave un home cando manexaba unha fresadora co seu tractor

Ferido grave un home cando manexaba unha fresadora co seu tractor

Publicado o

- Advertisement -

Un home que manexaba un tractor en Chantada sufriu este xoves feridas graves nas pernas cunha fresa. Nun primeiro momento, o 112 Galicia recibiu a información de que o home quedara atrapado polas pernas, aínda que, posteriormente, os servizos de emerxencia confirmaron que o home estaba accesible. Para desprazarse ata o lugar dos feitos, na Veiga, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 mobilizou un helicóptero medicalizado co fin de atender ao ferido.

Foi ao fío das 18,00 horas cando o 112 Galicia tivo coñecemento da situación do home, a través dos servizos sanitarios. A situación púxose en coñecemento da Policía Local, da Garda Civil, dos Bombeiros de Chantada e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Chantada.

ÚLTIMAS

Gastronomía, viño e música para gozar do outono na Praza de Abastos de Monforte

A delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo...

Morre tras quedar debaixo do coche mentres facía unha manobra

Unha persoa faleceu esta tarde de martes tras ser atropelada en Monforte de Lemos...

O CCU de Monforte convoca eleccións para o 26 de novembro

O Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte convoca para o próximo 26 de novembro...

A Plataforma Pola Sanidade Pública do Saviñao concéntrase contra os recortes do Sergas

O centro de saúde de Escairón conta nestes momentos cunha médica fixa de xeito...