HomeEconomíaPrimeira 'Feira de Oportunidades Xeoparque'

Primeira ‘Feira de Oportunidades Xeoparque’

Será a fin de semana do 11 e 12 de marzo e desenvolverase no pavillón municipal de San Clodio, en Ribas de Sil.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Asociación de Empresarios e comerciantes do Xeoparque Montañas do Courel segue a traballar para ir consolidando a entidade no territorio e vén de presentar outro importante evento para dinamizar o comercio de proximidade. Despois do éxito da campaña de Nadal organizan agora a que será a “1ª Feira de Oportunidades” que se celebrarará os días 11 e 12 de marzo no pavillón municipal de San Clodio, no Concello de Ribas de Sil, colaborador tamén do evento.

“Este ano arrincamos con moita ilusión e con ganas de que a xente poida gozar de todas as ofertas dispoñibles nos diferentes sectores comerciais que presentamos na feira”, din dende a xerencia da entidade.

Os sectores comerciais que estarán representados son: o pequeno electrodoméstico, roupa e calzado, coidado persoal, produtos típicos da zona, agricultura, artesanía e xoiería.

O pavillón estará aberto ao público en horario ininterrompido de 11:00 a 20:00 horas tanto o sábado como o domingo.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...