HomeCultura'Sinerxias', programa musical da Banda de música de Chantada

‘Sinerxias’, programa musical da Banda de música de Chantada

Presentouse o pasado venres 3 de marzo na Casa da Cultura de Chantada coa presenza de Manuel Diéguez, concelleiro de Cultura, o presidente da formación musical, Luís Miguel Crespo Caride, e o trombonista José Antonio García García.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Banda de Música de Chantada vén de presentar o programa de actuacións que ten programadas para este 2023. Fíxoo da man de dous integrantes da formación: o presidente, Luís Miguel Crespo Caride, e un dos músicos, o trombonista José Antonio García García que estiveron acompañados polo concelleiro de Cultura, Manuel Diéguez.

O concelleiro comezou agradecendo o gran labor que realiza a formación musical cos seus 45 músicos e músicas dirixidos por Carlos Timiraos, e a continuación presentou o cartel da tempada que este ano ábrese coa actuación na XL Feira do Viño de Chantada o vindeiro sábado, 11 de marzo ás 13:00 h. na carpa. No transcurso do acto, o presidente da banda, Luís Miguel Crespo, explicou toda a programación e o motivo de bautizar o cartel deste 2023 como “Sinerxias”. Neste senso, comentou que “o seu nome reflicte a mestura con distintas artes, a identidade a relixión…” e engadiu “a música será a ventá a través da que ver, escoitar e coñecer: a zarzuela, a música antiga, a literatura, Chantada…”.

PROGRAMA DE ACTUACIÓNS

MARZO: “Concerto da XL Feira do Viño de Chantada”.

ABRIL. “Música Sacra do S.XX”. Compositores que se inspiraron na relixión para compoñer. Coa Coral Polifonica de Chantada

MAIO. “Chantada: música e inspiración“. Música inspirada en Chantada, co nome de Chantada ou adicada a xente de aquí.

AGOSTO. “Noites á luz da lúa”. Con Píscore e XXXII Festival de Bandas

OUTUBRO: IX Outono Musical “Unha noite na zarzuela”.

NOVEMBRO: “Os soños na gaiola”. Música e literatura. Música do compositor Antón Alcalde basada en textos de Manuel María.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...