HomePolíticaCeleste Rodríguez Pombo, candidato socialista no Saviñao

Celeste Rodríguez Pombo, candidato socialista no Saviñao

Celeste Rodríguez Pombo repite como candidato do PSdeG-PSOE do Saviñao. No 2019 conseguiu cinco dos once concelleiros que se disputan neste concello. A última asemblea coa asistencia da maioría dos afiliados nomeouno por aclamación.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Rodríguez Pombo, axente facultativo medioambiental, é militante socialista dende os 18 anos e dende o 2011 é un habitual nas listas socialistas. Foi en 2015 cando, por primeira vez, presentouse como candidato á alcaldía; acadando catro concelleiros co 37,07% dos votos. Repetiu en 2019, cunha tendencia ascendente, conseguindo o 40,26% dos votos e chegando aos cinco concelleiros, a un da maioría absoluta.

A lista que encabezará Rodríguez Pombo está xa en elaboración “haberá algunha renovación, pero mantense a maioría dos integrantes que nos presentamos en 2019 e que continuamos cun proxecto claro e ilusión de poder acadar un futuro mellor para o Saviñao”, declara Celeste R. Pombo. Na lista estarán representadas as distintas realidades do concello, tanto a nivel xeográfico como coa presenza de persoas dos distintos sectores socioeconómicos maioritarios do Saviñao (funcionarios, empregados, autónomos, gandeiros…).

A última semana de marzo os afiliados votarán a lista completa coa que o PSdeG-PSOE se presentará ás eleccións. “A nosa prioridade é O Saviñao, presentámonos ás eleccións tendo claro que a política é unha función pública e que nós, como representantes dos e das veciñas, estamos aí para debernos ás súas reclamacións e tentar de solucionar os seus problemas, loitando por unha vida e futuro mellor”, explica Rodríguez Pombo. Para isto, a formación socialista vén de abrir un formulario electrónico onde os veciños e veciñas do Saviñao poden trasladar as súas aportacións e preocupacións para ser recollidas no programa electoral dos socialists.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...