Homesociedade8M en Bóveda e concerto na Praza de España de Monforte

8M en Bóveda e concerto na Praza de España de Monforte

Exposicións e banderolas reivindicativas en Bóveda polo 8M. E dentro das actividades que organiza Femforte está o concerto de integrantes da Escola de Música Moderna de Monforte ás 8 da tarde na Praza de España.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Fran Puch e Paula Díaz actúan este día 8 na praza de España con Motivo da celebración do Día Internacional da Muller. Se chove trasladarase a actuación ao salón de actos da Casa dá Cultura. Os artistas son alumnos da Escola de Música Moderna de Monforte que ofrecerán un concerto en acústico con 7 temas, entre os que está co que gañaron o premio de Rockschool España, Nothing Else Matters de Metallica. O resto dos temas son-Bohemian Rhapsodi – Queen -Wicked Game – Chris Isaak -The One That You Love – LP -What’s Up – 4 Non Blondes -Mother Earth – Within Temptation -My Inmortal – Evanescence.

E o concello de Bóveda celebra o 8M entre outras actividades coa colocación no Centro sociocultural de Banderolas Reivindicativas sobre a discriminación das mulleres no ámbito laboral Exposición Informativa da situación laboral da muller en España.

Ademais do 6 ao 17 de marzo contáse coa exposición Inmarcesibles no centro sociocultural. A mostra realizada polo Concello de Sober co Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero pode visitarse de luns a venres en horario de 10h-14h e de 16:30h-18:30h.

ÚLTIMAS

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón volve apostar na súa programación de Nadal polo Mercado de...