HomesociedadeDous alumnos da Escola de Música Moderna gañadores do concurso RSL-Rockschool Ltd....

Dous alumnos da Escola de Música Moderna gañadores do concurso RSL-Rockschool Ltd. España

Trátase de Fran Puch e Paula Díaz, músicos que acadaron este recoñecemento na categoría de Level 2 do 'Concurso RSL España 2022'.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Escola de Música Moderna de Monforte de Lemos vén de anunciar esta gran noticia e amosan o seu orgullo por este premio que recoñece o traballo de dous dos seus alumnos, Fran Puch e Paula Díaz.

En palabras do seu director, Gonzalo Herrero, “isto non sería posible sen o traballo de todo o equipo da escola, pero nesta ocasión queremos facer unha mención especial aos seus profesores Lorena e Jesús”.

Gonzalo, aproveitando esta nova, agradece o labor e a iniciativa do Concurso RSL España (GBD) –Guitarra, Baixo, Batería– a Rockschool España, e a oportunidade que lle presentaron á escola para participar nel.

Aquí o vídeo no que o CEO da RSL-Rockscholl Ltd. España, Tim Bennett, felicita aos gañadores dende a central en Londres.

Aquí o vídeo coa interpretación do tema polo que premiaron a Fran Puch e Paula Díaz: “Nothing Else Matters de Metallica”.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...