HomeCulturaAlicerces chega a Monforte

Alicerces chega a Monforte

A Irmandade Cultural País do Faro presentou no Centro do Viño da Ribeira Sacra de Monforte o terceiro tomo da revista Alicerces. Esta revista é un proxecto editorial que pretende ser unha ferramenta de divulgación de estudos e artigos de investigación relativos a Concellos da Ribeira Sacra bañados polo río Miño: Carballedo, Chantada, Pantón, O Saviñao e Taboada. 

Publicado o

- Advertisement -

Para coñecer un pouco máis desta inciativa que chega á cidade do Cabe, falamos co director da revista, José Méndez.

Cando se creou A Irmandade Cultural País do Faro, colectivo que organiza e edita a revista e por que?

Creouse fai 3 anos, e o primeiro número viñase traballando xa desde 3 anos antes. Créase por unha inquedanza común, un grupo de persoas cos mesmos intereses e o obxectivo de dar coñecer o patrimonio material e inmaterial de concellos que tiveron e teñen unha vinculación común cunha forma de vida asociada ao río Miño.

¿Que recolle a revista que se presentou esta fin de semana?

A revista está formada por catro apartados: estudos, ferramentas, creatividade e recensión de libros. Dentro dos estudos hai 7 traballos de investigación.

Quen fai os artigos, como se escolle a temática, se alguén quere colaborar que ten que facer?

En reunión dos distintos membros que forman o consello de redación decídense os temas dos que van tratar nese tomo e búscanse persoas especialistas neses temas. Pode colaborar calquera persoa que o desexe sempre que se traten temas de investigación ou científicos. Terían que poñerse en contacto coa redación ou coa asociación Irmandade Cultural País do Faro.

Alicerces contén estudos e artigos de investigación relativos a Concellos da Ribeira Sacra bañados polo río Miño. Por que se presenta este terceiro tomo en Monforte?

Formamos parte, todos, dun territorio maior que é a Ribeira Sacra. O que pasa e o que son os concellos da contorna aféctanos a todos. Sabemos que o contido e a proposta en xeral ten interese en Monforte e comarca.

¿Qué tirada ten a publicación e como se financia? É  unha publicación anual. Para a edición contamos coa colaboración da Deputación Provincial e do Concello de Chantada e coas ventas dos anos anteriores.

¿Cómo se distribue? A través da Asociación Irmandade Cultural País do Faro e na libraría Central de Chantada. Cada tomo ten un custo de 10€.

Revista Alicerces / Irmandade cultural País do Faro

ÚLTIMAS

“Eu sempre teño a porta aberta”, Javier Monterde, avogado na Pobra do Brollón

Javier Monterde Piguillen naceu en Barcelona, no barrio da Sagrada Familia, e o seu...

Unha consultora especializada redactará as bases para a renovación do contrato da auga en Monforte

A Xunta de Goberno Local de Monforte deu luz verde á contratación dos traballos...

“Stop agresións”, o 5 de febreiro ás 12:00 concentración do Hospital de Monforte

Segundo o sindicato, a Dirección do Hospital Comarcal de Monforte ten que tomar as...

Entrega de premios do certame de Poesía Infantil Nadal 2025 en Monforte

Este concurso, convocado pola Biblioteca Pública Municipal en colaboración coa Biblioteca Nodal de Lugo,...