HomePolíticaOs servizos sociais enfrontan a PP e BNG na Pobra do Brollón

Os servizos sociais enfrontan a PP e BNG na Pobra do Brollón

A comezos deste mes o PP da Pobra do Brollón criticaba a xestión do equipo de goberno en servizos coais e a "falta de sensibilidade social". Pola súa banda o alcalde repasa o "esforzo" que fai o concello nesta materia e considera que o candidato popular “non ten remota idea de como funcionan os servizos sociais do concello”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O PP da Pobra do Brollón sinalaba como exemplo de “mala xestión e da falta de sensibilidade social o feito de que haxa catro familias en lista de espera para recibir as prestacións do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), a pesar de que o Concello ten horas autorizadas pola Xunta para poder atender a esas persoas.”

Segundo os populares, o concello ten aprobadas pola Xunta máis horas ao mes das que presta efectivamente, “ isto é unha demostración máis da falta de preocupación do alcalde e do seu goberno polos problemas dos veciños, que é aínda máis grave cando se trata de persoas que teñen solicitado o Servizo de Axuda no Fogar”. O candidato popular, Teddy López, asegura que “na xestión é necesario apostar polas políticas sociais e aproveitar debidamente os recursos dispoñibles, e moi especialmente no caso de servizos como o SAF.”

Pola súa banda o rexedor local, José Luis Maceda, considera as declaración do PP, “produto do nerviosismo ante unhas eleccións municipais”. Asegura que as catro persoas que están en lista de espera, están pendentes, por cuestión coxunturais da contratación de persoal para poñer en marcha o servizo.

“Fálase de falta de sensibilidade cando temos unha traballadora familiar, dúas traballadoras sociais, un administrativo traballando no servizo, atendendo a máis de 70 usuarios e cun promedio de 16 auxiliares. Destinamos o 33% do orzamento, que veñen sendo 500.000€, entre o plan único e as axudas da Xunta e fondos propios. Con estas declaracións o cabeza de lista do PP demotra non ten remota idea de como funcionan os servizos sociais no concello. Que sensibilidade ten o PP cos nosos maiores cando para ter un recoñecemento de incapacidade teñen que pasar 10 meses?”, conclúe o alcalde.

ÚLTIMAS

O Castro Art Village no Saviñao, dinamizando a cultura e o audiovisual desde o rural

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, vistou este xoves O...

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...

A Conselleira de Medio Rural avalía en Pantón e Folgoso do Courel iniciativas para a prevención de incendios e o desenvolvemento rural

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da...

O PP advirte que “o Goberno de Sánchez non compromete unha data para o remate da rehabilitación da N-540”

Os deputados do PP no Congreso por Lugo e Ourense consideran preocupante que “o...