HomeDeportes10 medallas para as promesas do Club Quixós

10 medallas para as promesas do Club Quixós

Competiron na Copa Galega de Promoción este domingo 12 de marzo en Tomiño.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A expedición do club monfortino de piragüismo que se desprazou ata Tomiño este pasado domingo volvía para Monforte leda e satisfeita polos bos resultados que se traduciron nunha chea de medallas. As promesas que competían na Copa Galega de Promoción acadaron 10 medallas, resultado que lle deu ao club o primeiro posto por equipos, por enriba do Teixugos e do Tea Mondariz, respectivamente.

Sara levou dous ouros, un en K-1 e outro en C-1 infantil; Martín levou un ouro en K-1 e unha prata en C-1 infantil; Abril trouxo de volta un ouro en K-1 benxamín feminino e Antón e Mateo foron ouro e prata respectivamente en K1 benxamín; Rodrigo acadou dous metais, un ouro en C-1 e un bronce en K-1 alevín; e Lucas foi prata en C-1 alevín.

Participaron a gran nivel, pero non alcanzaron o podium: África, Manuel e Edgard.

Exerceu como responsable do equipo Iván Gutiérrez porque Santi Díaz estaba na Seu d’Urgell acompañando a Noa, piragüista que rematou no posto número 8 da 1ª Copa de España de Kayak Cross.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...