HomesociedadeA reparación da estrada provincial que une Chantada cos Peares obriga a...

A reparación da estrada provincial que une Chantada cos Peares obriga a cortar o tráfico esta fin de semana

A obras de reparación da estrada provincial LU-P-1801 que está facendo a Deputación de Lugo nesta vía que conecta Chantada cos Peares obrigan a cortar o tráfico dende este venres, 17 de marzo, ata o domingo, 19 de marzo no punto quilométrico 7,8. Uns traballos que a institución provincial está executando para reparar os danos ocasionados polo temporal en dúas estradas da súa titularidade cun investimento que supera os 670.000€.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este corte está motivado pola realización dun estudo xeotécnico. O proxecto inclúe o arranxo de dúas estradas provinciais ao seu paso polos concellos de Chantada e Carballedo. Son a LU-P-1801, de Chantada ós Peares por Nogueira, e a LU-P-1010, que vai cara a presa dos Peares, no termo municipal de Carballedo, que se reparará no punto quilométrico 3,6.

No caso da LU-P-1801, a vía esta afectada por varios desprendementos de terras e rochas, polo que será necesario retiralas para poder asegurar a parede con micropilotes e instalar un muro de suxeición. No caso da LU-P-1010, tamén está afectada por un corremento de terras, polo que se retirará o material que obstrúe a vía e procederase a asegurar cun muro.

A Deputación de Lugo considera que para unha correcta execución dos traballos poderanse realizar novos cortes, en función do que o propio desenvolvemento do proxecto demande.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...