HomePolíticaLaura Celeiro, exalcaldesa do Incio repite como candidata socialista

Laura Celeiro, exalcaldesa do Incio repite como candidata socialista

“Na etapa na que os socialistas gobernamos o Concello do Incio, impulsamos proxectos como a Ruta do Mamut e dos Castros, un proxecto que naceu para dar a coñecer o seu patrimonio paisaxístico e histórico, neste caso do único fósil desta especie atopado na nosa terra. Hoxe este proxecto é unha realidade, aínda que está completamente abandonado polo PP, que prefire incentivar outros proxectos que nin xeran emprego nin actividade económica”, advertiu.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Laura Celeiro repite como candidata dos socialistas ás eleccións municipais. “Non podemos vivir nun concello que é incapaz de resolver os problemas diarios da veciñanza”, dixo Celeiro. A candidata socialista subliña que se presenta a alcaldía “dende a responsabilidade que require este posto, pero tamén con moitas gañas de impulsar proxectos e iniciativas que redunden en toda a veciñanza da vila, sen excepción. Pero sobre todo quero gobernar para presidir un novo goberno municipal que coloque aos veciños e veciñas como protagonistas da vida política. Hoxe temos un goberno do PP que da ás costas á veciñanza e que está alonxado das parroquias, queremos reverter esta situación. Hai outra forma de gobernar”.

O Secretario Xeral dos socialistas na provincia, José Tomé Roca, subliñou que “Celeiro é a mellor candidata xa que xa exerceu como Alcaldesa do seu pobo durante 8 anos, polo tanto é boa coñecedora das súas necesidades e pode continuar co proxecto político que comezou hai anos. É unha muller capacitada e preparada e que esta disposta a traballar polo futuro dos seus veciños, con seriedade e firmeza”, incidiu. 

Laura Celeiro sinalou que xa está traballando no programa electoral, e que presentará nas vindeiras datas a súa candidatura aos veciños e veciñas do Incio. “Estou convencida que os cidadáns saberán ver no noso proxecto iniciativas realistas, como xa fixemos fai uns dias reclamando estender a hospitalización a domicilio (HADO) á veciñanza, ademais de dotalo de máis e mellores servizos públicos. Estamos padecendo en primeira persoa os recortes sanitarios do PP”, dixo.

Laura Celeiro García (Lebón-O Incio- 1981), é licenciada en Dereito pola UDC (2003). Foi alcaldesa do Incio durante dous mandatos, concretamente dende o 2011 ata o 2019. Sinala que durante esta etapa na Alcaldía “converteu á veciñanza no centro da vida política. Foron oito anos moi produtivos nos que aprobamos de xeito provisional o PXOM, e no que puxemos os cimentos para impulsar o turismo no Concello”.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...