HomesociedadeLimítanse as prazas no aparcamento do Parque dos Condes de Monforte desde...

Limítanse as prazas no aparcamento do Parque dos Condes de Monforte desde hoxe por obras

Este martes, 21 de marzo, deron comezo as obras de mellora do campo de fútbol artificial do colexio dos Ecolapios, obras encadradas no proxecto de “Obras de renovación e mellora en campos de fútbol do concello de Monforte", que supoñen a substitución do céspede artificial dos campos de fútbol de Luis Bodegas e do campo de fútbol artificial do colexio Escolapios.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Con motivo do inicio das obras no campo de fútbol do colexio Escolapios, acotarase unha zona no último tramo do aparcamento do Parque dos Condes, pegada ao campo de fútbol, para que a empresa encargada das obras poida facer acopio de materiais e facilitar a descarga dos camións.

O espazo reservado ocupará o ancho do aparcamento, no seu último tramo, e aproximadamente 15 metros de fondo dende o campo de fútbol. En total veranse afectadas en torno a 40 prazas de aparcamento. As obras terán unha duración aproximada dun mes polo que o Concello de Monforte quere pedirlle desculpas aos cidadáns polas posibles molestias ocasionadas durante a súa duración.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...