HomePolíticaO PP ten en Samos e Ribas del Sil os seus alcaldables...

O PP ten en Samos e Ribas del Sil os seus alcaldables máis novos no sur da provincia

O PPdeG presentou aos candidatos de entre os 22 e os 30 anos ás eleccións municipais.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os tres alcaldables máis novos do Partido Popular na provincia de Lugo Nicole Grueira (Pol, 2011); José Rodríguez (Ribas de Sil, 1999) e Miguel Gallego (Samos, 1998) participaron este sábado no acto que o PPdeG celebrou na Cidade da Cultura, para presentar aos candidatos máis novos, de entre os 22 e os 30 anos, ás eleccións municipais nas catro provincias galegas.

O acto estivo presidido polo presidente dos populares galegos, Alfonso Rueda, e contou coa participación tamén da secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado; así como do presidente de Novas Xeracións de Galicia, Adrián Pardo.

Os candidatos da provincia de Lugo participaron nas tres mesas redondas que estiveron moderadas pola coordinadora xeral de Novas Xeracións de Galicia, Eugenia Vizcaíno, que tamén é desta provincia.

José Rodríguez, candidato PP Ribas de Sil / PP Provincial

ÚLTIMAS

Monforte traballa na rexeneración do firme da rúa Vigo e pecha o punto limpo por melloras ata o 29 de setembro

Este mércores comezaron as obras de renovación do firme da rúa Vigo, no Casar,...

A Deputación cederá a Casona do Incio e unha parcela na Maiorga, en Pantón, aos respectivos concellos

Ambas decisións responden ás peticións que os respectivos alcaldes lle fixeron á presidenta da...

O BNG de Monforte entrega as primeiras alegacións recollidas contra o proxecto da nova ponte do Malecón

O BNG de Monforte vén de presentar no concello unha primeira remesa das alegacións...

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...