HomesociedadeMelloras na estrada provincial do Incio

Melloras na estrada provincial do Incio

Un cento de veciños de O Incio benefícianse dos traballos de mellora da estrada que comunica A Cruz do Incio con outros núcleos de poboación.

Publicado o

- Advertisement -

A Deputación de Lugo financiou con 55.600 euros as obras de mellora na estrada provincial LU-P-250, que vai desde O Incio, por Foilebar e Vilarxoan, ata a LU-P 5603, na que se executaron melloras nun treito de 1,6 quilómetros. Esta vía comunica a capitalidade do municipio, a Cruz do Incio, con outros núcleos de poboación, como Foilebar, así como co Concello de Samos.

As actuacións consistiron na limpeza de cunetas, e mellora do firme con aglomerado en quente e, incremento da seguridade con instalación de sinalización horizontal e vertical.

Estes traballos beneficiarán a máis dun cento de veciños do concello do Incio.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...