HomesociedadeDesfile da Confraría do Viño de Quiroga para anunciar a Feira do...

Desfile da Confraría do Viño de Quiroga para anunciar a Feira do Viño

Este domingo ao mediodía os confrades, ataviados co seu traxe de gala (capa de cor burdeos e sombreiro negro), acompañados do Grupo de gaitas O Recanto, recorrían a travesía principal da vila quiroguesa, dende a Casa Consistorial ata o Museo Etnográfico de Quiroga.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A conta atrás para a celebración da XLI Feira do Viño xa se deixa sentir na vila quiroguesa. A Confraría do Viño de Quiroga anunciaba este domingo ao mediodía que esta festa está próxima e facíao co seu tradicional desfile pola rúa Real.  

Este solemne acto -que preside o Confrade Maior, o alcalde quirogués Julio Álvarez, e o presidente da Confraría, J. Manuel Rodríguez-, forma parte dos prolegómenos da Feira do Viño de Quiroga dende o ano 2012, ano no que se fundou esta congregación.

Como remate do desfile, xa a porta pechada, os membros do gremio realizaban unha asemblea anual nas instalacións do Museo Etnográfico. Sobre a mesa estaba a reforma dos estatutos  da confraría e a convocatoria das prazas vacantes. Ata o de agora os membros soamente se renovan cando queda algunha das 23 prazas vacante, como ocorreu no ano 2019 cando entrou a formar parte desta institución a primeira muller confrade.

Desfile Confraría do Viño 2023 / Concello de Quiroga

ÚLTIMAS

Está a arder Roxe de Sebes?

Em Soldom contarom-nos que naquela altura houvo quem pensou que César que podia ser...

Deteñen en Bóveda unha persoa requirida por un xulgado de Huesca

A Garda Civil detivo a unha persoa na localidade lucense de Bóveda tras non...

A Pobra do Brollón celebrará As Cores do Outono o 27 de setembro

O Concello da Pobra do Brollón vén de presentar o cartel da XI edición...

O lume non dá tregua no Concello de Quiroga

O incendio que saltou de Larouco a Quiroga o pasado 15 de agosto está...