HomeDeportesCatro clubs deportivos de Monforte reciben da Xunta 18.800€ para equipamentos

Catro clubs deportivos de Monforte reciben da Xunta 18.800€ para equipamentos

A Xunta de Galicia destinou 18.800 euros a catro clubs deportivos de Monforte de Lemos ao abeiro da última convocatoria de axudas para a adquisición de equipamento da Secretaría Xeral para o Deporte.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitaba para despedir marzo, dúas das entidades beneficiarias, o club de golf Río Cabe e o club de billar Templarios Pool. A primeira adquiriu coas axudas un cortacéspede e o segundo mesas de xogo, tacos e unha lámpada. No municipio tamén recibiron achegas o club Quicela de ximnasia rítmica e o grupo de espeleoloxía, montaña e aire libre “Val da Néboa”.

Arias explicou que este programa de apoios sufraga a compra de material, que pode ser específico da modalidade deportiva ou de apoio (megafonía, vehículos…), e tamén material sanitario, como caixas de primeiros auxilios ou desfibriladores.

Indicou que esta é unha das principais liñas de colaboración co tecido deportivo que desenvolve a Vicepresidencia segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, xunto coas achegas para o funcionamento e desenvolvemento da súa actividade, que foi a primeira convocada este ano.

Consignáronse 2 millóns de euros para esta orde de axudas, que xa se está tramitando logo de que o pasado día 13 rematara o prazo de presentación de solicitudes. “O Goberno galego reserva este ano 44 millóns de euros en distintas iniciativas para o ámbito deportivo -apunto o delegado-, o que supón unha cifra récord”.

ÚLTIMAS

Do 21 de abril ao 20 de maio pódese solicitar a inscrición en Artelemos 2026

As artesás e artesáns interesados en participar deberán presentar o modelo normalizado de solicitude...

Xornada informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Auditorio Municipal de Chantada

A actividade que se desenvolverá no Auditorio Municipal de Chantada está aberta ás persoas...

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...