HomesociedadeA empresa queixeira Airas Moniz recibe o selo de calidade Artesanía Alimentaria

A empresa queixeira Airas Moniz recibe o selo de calidade Artesanía Alimentaria

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, confirma a adhesión da empresa queixeira Airas Móniz ao selo de calidade Artesanía Alimentaria, ao facerlle entrega da carta artesá a Ana Vázquez, unha das súas responsables.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta firma súmase ao medio cento de empresas adheridas e ás máis de 90 persoas artesás rexistradas neste distintivo de calidade promovido para diferenciar as producións do agro e do mar que se elaboran de xeito tradicional, así como para protexer os seus produtores.

O director destacou que os produtos desta firma de Chantada poderán diferenciarse agora no mercado co selo de Artesanía Alimentaria. “Este distintivo garantirá que a obtención das producións se rexe pola norma técnica pertinente, que recolle unha serie de requisitos relativos ás materias primas e aos procesos de elaboración autorizados, ao seu modo de presentación e a como deben ser a rastrexabilidade e o control”.

José Luis Cabarcos lembrou que este selo de calidade diferenciada busca promover e protexer as pequenas producións e elaboracións tradicionais artesás de alimentos de alta calidade, facilitar a diversificación económica das explotacións agrarias e o incremento do valor engadido das producións locais e mellorar as rendas e fixar poboación nos medios rural e litoral. Tamén fomentar métodos tradicionais de elaboración e desenvolver unha gama de produtos diferenciados de calidade, potenciar circuítos curtos de comercialización que permitan o contacto directo entre as persoas produtoras e as consumidoras e promover a visibilización e a participación activa das mulleres en todas as dimensións da actividade artesanal alimentaria.

No caso de Airas Moniz, a empresa naceu da inquietude de tres persoas, Ana, Ricardo e Xesús, quen quixeron conxugar a súa paixón pola súa terra, o queixo, os animais e o mundo rural nos seus produtos. Deste xeito, trátase da primeira empresa en elaborar queixo con leite cru en pastoreo de vaca de raza Jersey da súa propia explotación. Despois de seis anos en funcionamento, contan con 11 traballadores na empresa –tres dedicados á gandaría e oito na queixería- e xa levan acumulados varios premios tanto dos queixos como do seu proxecto en conxunto. Ademais, os seus produtos teñen presenza nos mellores restaurantes e tendas non só a nivel nacional, senón tamén internacional.

ÚLTIMAS

Rosa Rodríguez recibe a Medalla Castelao arroupada por unha delegación de Sober

A doutora, Rosa Rodríguez, despois de 35 anos exercendo no centro de saúde de...

“Reboiras: Acción e corazón”, este 1 de xullo en Multicines Hollywood

"Reboiras: Acción e corazón" aborda a traxectoria vital e política de Moncho Reboiras, militante...

O PP de Monforte esixe ao Concello de Monforte sinalizar Ribas Altas como “zona non apta para o baño”

A voceira popular, Katy Varela, explica que xa levan anos pedinso ao goberno de...

FEARS celebra asemblea e rexeita a instalación de plantas de biogás na Ribeira Sacra

Na asemblea fíxose balance do labor feito neste pasado 2024, analizando os aspectos que...