HomesociedadeSemana Santa ao 86% de ocupación na Ribeira Sacra

Semana Santa ao 86% de ocupación na Ribeira Sacra

Moitos dos propietarios aínda agardan reservas de última hora, segundo sinalan desde o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A ocupación para os días centrais da Semana Santa na Ribeira Sacra atópase nun 86%, unha cifra moi semellante ás previsións de 2022, que se viu incrementada no balance final coas reservas de última hora. 

Nos días previos aos festivos, do 31 de marzo ao 4 de abril a ocupación prevista á do 72% nos Hoteis de 4 e 3 estrelas, do 58% en Turismo Rural, 48% nas Vivendas de Uso Turístico e 52,5% noutros aloxamentos.

Nos días centrais, do 5 ao 9 de abril, a ocupación aumenta considerablemente e queda do seguinte xeito:

  • Hoteis 4 e 3*: 85 % 
  • Turismo Rural: 80 % 
  • Vivendas Turísticas e de Uso Turístico: 92 % 
  • Outros aloxamentos: 87,75 % 

Desde o Consorcio de Turismo insisten en que o número de prazas increméntase de xeito considerable de ano en ano, polo que o número de hóspedes totais vai a ser superior, probablemente, a calquera Semana Santa anterior. Ademais agárdanse reservas de última hora que elevarán as previsións.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...