Homesociedade'O Camiño Ilustrado', exposición de acuarelas en Quiroga

‘O Camiño Ilustrado’, exposición de acuarelas en Quiroga

A Sala de Exposicións 'Manuel María' da Casa da Cultura de Quiroga acolle unha interesante mostra de pinturas acuarelas sobre o Camiño de Santiago que se pode visitar ata o 28 de abril.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O pasado 30 de marzo inaugurábase en Quiroga ‘O Camiño Ilustrado, unha mostra de acuarelas que reflicten a visión e as vivencias no Camiño de Santiago da súa autora, Alicia Aradilla.

A exposición chega ao Concello de Quiroga da man de Afundación Obra Social de Abanca, e poderase ver na Sala ‘Manuel María’ que está no baixo da Casa da Cultura ata o 28 deste mes de abril.

CAMIÑO DE SANTIAGO

O Camiño de Santiago é a ruta máis antiga, transitada e aplaudida de Europa. Leva centos de anos cativando a quen se anima a descubrilo e vivilo, feito que explica que tamén moitos artistas sentisen atracción por el buscando inspiración e temática para as súas obras. Unha destas artistas é Alicia Aradilla, acuarelista de 29 anos que protagoniza a mostra.

Na liña do ‘urban sketching’ ou debuxo urbano, moi de moda na actualidade, adóitase representar o que nos rodea mediante diferentes técnicas e dun xeito rápido e in situ, un aspecto que evoca o que no século XIX se coñecía como ‘plein air’ tendencia que avogaba por pintar directamente ao pé da natureza.

Algunhas das obras expostas / XMF

EXPOSICIÓN

A exposición artéllase arredor de 3 grandes ámbitos, que son á vez os protagonistas desta ruta de peregrinación até a cidade compostelá: o camiño francés, a persoa que percorre e o destino final, a cidade de Santiago de Compostela.

Esta mostra enmárcase tamén no programa de Afundación coñecido como ‘Cultura por alimentos’ no que se propón ao visitante que faga unha doazón de alimentos non perecedoiros que serán entregados a Bancos de Alimentos locais.

Lugar habilitado para as doazóns de alimentos / XMF

ÚLTIMAS

Preséntase o cartel e o programa de actos das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón

Da presentación das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón encargáronse o alcalde...

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...