HomeComarca de SarriaSamosLocalizado un octoxenario que faltaba da súa casa desde o pasado venres...

Localizado un octoxenario que faltaba da súa casa desde o pasado venres en Samos

No momento de ser localizado presentaba signos de hipotermia e de estar desorientado.

Publicado o

- Advertisement -

A Garda Civil, coa súa dotación canina, localizou, nun camiño preto da súa vivenda, desorientado e con síntomas de hipotermia, a un octoxenario, veciño de Samos, que faltaba da súa casa desde onte. Debido ao seu estado, solicitouse a intervención dun equipo médico.

O home vive na parroquia de San Mamede e foi achado á primeira hora deste sábado polos efectivos da Benemérita preto da súa casa, situada no lugar do Mesón.

Con iso, segundo informa o 112 Galicia, finaliza unha procura que se iniciou pola propia alerta de axentes da Garda Civil. No seu aviso, que se efectuou pouco antes das 17,00 horas do venres, indicaron que o home faltaba desde as 10,00 horas.

As súas patrullas xa estaban a inspeccionar a zona, pero informaban de que necesitaban o apoio das agrupacións de voluntarios de Protección Civil e dos drones da Axencia Galega de Emerxencias (Axega).

Deste xeito, desde o 112 Galicia pediuse a colaboración das agrupacións de Sarria, O Incio, Folgoso do Courel e Cervantes, tamén do GES de Quiroga-Folgoso, e a partir das 22,00 horas sumáronse os técnicos do Grupo de Apoio Loxístico de Axega cos drones.

Despois dunhas horas sobrevoando a zona, os drones finalizaron a súa intervención pasada únaa da madrugada con resultado negativo. No entanto, o operativo de busca encabezado polos axentes da Garda Civil continuou ata localizar ao home á primeira hora da mañá.

En concreto, comunicaron a súa localización nun camiño a 200 metros da súa casa mediante a acción dos cans de rescate. Un equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 procedeu a atendelo na súa casa.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...