HomesociedadeIníciase o procedemento de aprobación para o desenvolvemento dun polígono agroforestal en...

Iníciase o procedemento de aprobación para o desenvolvemento dun polígono agroforestal en Bóveda

O DOG publica este luns o acordo da Consellería do Medio Rural polo que se inicia o procedemento de aprobación para o desenvolvemento dun polígono agroforestal de iniciativa pública na parroquia de Ver, en Bóveda, ao abeiro da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O polígono agroforestal constará de 51,97 hectáreas cunhas 292 parcelas de 200 propietarios, que se prevén destinar a gandaría e a cultivos forraxeiros/herbáceos. A Consellería do Medio Rural, en colaboración co Concello e tras abrir un período de información ou actuacións previas co fin de coñecer as circunstancias do caso, resolveu a conveniencia de iniciar dito procedemento. O obxectivo prioritario será poñer en produción áreas de terra agroforestal con boa capacidade produtiva que acadaron co paso do tempo estados de abandono ou infrautilización, recuperando deste xeito unha acaída actividade de explotación agrícola ou forestal, así como mellorar a estrutura territorial de explotacións xa existentes ou a posta en marcha de novas iniciativas produtivas.

Tamén prevé o desenvolvemento de áreas que, independentemente da súa capacidade produtiva, contan con especiais valores ambientais, patrimoniais ou paisaxísticos e nas que os procesos de abandono están a deteriorar eses valores. Neste último caso, a finalidade da iniciativa será a de facer compatible o aproveitamento  produtivo coa salvagarda dos seus valores, aínda que primando sempre estes últimos.

Cómpre sinalar que as causas polas que procede desenvolver este polígono de iniciativa pública é a existencia dunha situación produtiva cun estado de abandono ou infrautilización dun mínimo do 50% da superficie de terras do polígono agroforestal, polo que se lle dá carácter preferente para recuperar as terras acaídas en zonas de producións acollidas a indicacións xeográficas protexidas e denominacións de orixe, así como para producións que estean a optar a ese recoñecemento ou calquera outra marca de garantía de calidade.

ÚLTIMAS

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...