HomePolíticaBenjamín Escontrela, candidato socialista á alcaldía de Sarria, considera esencial unha reforma...

Benjamín Escontrela, candidato socialista á alcaldía de Sarria, considera esencial unha reforma estrutural da residencia

Benjamín Escontrela é o candidato do Partido Socialista á Alcaldía de Sarria. A Executiva do PSdeG aprobou a proposta de candidatura, que foi validada pola Comisión de Listas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Secretario Xeral dos socialistas na provincia, José Tomé Roca, destaca “a recoñecida solvencia profesional e política” de Escontrela, “que empeza unha nova etapa co aval dun partido municipalista, como é o PSOE. Non vén buscar nada á política, porque non lle fai falta. Só busca o ben de Sarria”, recalcou.

Benjamín Escontrela desenvolveu a maior parte da súa actividade profesional como médico no municipio sarriano. Nos últimos anos foi concelleiro, “grazas ao que coñezo moi ben a realidade do meu pobo e as súas necesidades”. Escontrela marca como prioridades a promoción económica e industrial, con medidas como “a posta a disposición de solo para que as empresas non sigan marchando, como está sucedendo na actualidade, e para que veñan novas empresas”.

Tamén, o deseño e implantación dun “bo plan de servizos sociais, de axuda a domicilio, axuda no fogar e conciliación laboral e familiar”. Neste ámbito considera esencial “unha reforma estrutural en todos os sentidos da residencia, que hai que ampliar e adecentala, ademais de crear un centro de día, onde se poidan desenvolver talleres de memoria ou terapia cognitiva, entre outras actividades”.

Potenciar o Camiño de Santiago como recurso xerador de riqueza e emprego en Sarria, “onde podemos ofrecer todos os servizos que precisan os peregrinos para o seu benestar, tanto atención sanitaria as 24 horas, como servizos de tren ou albergues, entre outros”, é outra das súas apostas. Para Benjamín Escontrela é así mesmo prioritario apoiar o medio rural.

Benjamín Escontrela presentará nas vindeiras datas a súa candidatura aos veciños e veciñas de Sarria, nun acto ó que acudirá o Secretario Xeral do Partido Socialista na provincia, José Tomé Roca.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...