HomesociedadeO alcalde de Monforte renova os votos coa Virxe de Montserrat

O alcalde de Monforte renova os votos coa Virxe de Montserrat

Nesta xornada do Martes de Pascua, festivo local en Monforte, celébranse as honras á Virxe de Montserrat, como é tradición na concello dende finais do século XVI.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A comitiva institucional, encabezada polo alcalde, José Tomé Roca, así como diversos membros da Corporación municipal, representantes institucionais, e dos distintos corpos e forzas de seguridade do Estado, partiu da Casa do Concello para asistir, ás 11 horas, á misa na honra da Virxe de Montserrat, na Igrexa da Régoa. A Igrexa de San Vicente, lugar que tradicionalmente acolle estes actos litúrxicos, segue pechada debido ás obras de restauración que nela se executan.

Tras a celebración eucarística, tal e como marca a tradición, tivo lugar unha procesión coa imaxe polo atrio da igrexa, posteriomente, o alcalde de Monforte renovou os votos coa Virxe e procedeuse á bendición dos campos.

“Dende que son alcalde, comprometinme a manter esta importante tradición dos monfortinos e monfortinas na honra á nosa Patroa, a Virxe de Montserrat, e deste xeito, hoxe Martes de Pascua, mantivemos esta centenaria tradición na que renovei os meus votos e comprometinme a seguir celebrando tanto este día como o 15 de agosto, no que honramos a nosa patroa”, manifestou o rexedor monfortino.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...