HomeEconomíaAxudas da Xunta para a mellora dos parques empresariais de Sarria e...

Axudas da Xunta para a mellora dos parques empresariais de Sarria e O Saviñao

Para o Polígono do Morelle en Sarria concédense 120.000€ para a mellora de infraestruturas viais, e 55.000€ para o acondicionamento do parque empresarial do Peago no Saviñao.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Xunta de Galicia informa da resolución das axudas para a mellora de parques empresariais que chegarán a un total de catro concellos da provincia de Lugo, todos eles Concellos Emprendedores. Son catro proxectos nos que se investirán ao redor de 370.000 euros.

As axudas, de ata un máximo de 120.000 euros por proxecto -podían presentarse dúas solicitudes por concello-, están destinadas á implantación de iluminación pública eficiente, plantas de depuración de auga, xestión de residuos, instalación de sistemas de seguridade, contraincendios e contra o roubo de cable, servizos centralizados de subministración de gas e hidróxeno verde, así como á mellora de infraestruturas viarias. Cómpre destacar que esta última foi a actuación máis demandada. Os beneficiarios poderán acceder a anticipos do 25%.

Esta liña complementa as medidas que fomenta a Lei de implantación empresarial na que os Concellos Emprendedores teñen un papel fundamental á hora de colaborar co Goberno galego para achegar ás empresas beneficios fiscais, acceso ao solo e facilidades administrativas a cambio de contar con prioridade en ordes de axudas como estas.

CONCELLO BENEFICIARIOPOLÍGONO INDUSTRIALINVESTIMENTO SUBVENCIONABLEAXUDA CONCEDIDAACTUACIÓN
SUBVENCIONADA
Concello de
Castro de Rei
Castro de Ribeiras de Lea17.593,40 €14.074,72 €MELLORA DE INFRAESTRUTURAS
NO PARQUE EMPRESARIAL
DE CASTRO RIBERAS DE LEA
Concello de Outeiro de ReiOuteiro de Rei135.710,88 €108.568,70 €  MELLORA DE INFRAESTRUTURAS VIARIAS
NO PARQUE EMPRESARIAL
DE OUTEIRO DE REI
Concello de SarriaO Morelle150.000 €120.000 €  MELLORA DE INFRAESTRUTURAS VIARIAS
NO POLÍGONO INDUSTRIAL
DO MORELLE
Concello
do Saviñao
O Peago69.115,20 €55.292,16 €  ACONDICIONAMENTO DO PARQUE EMPRESARIAL DO PEAGO

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...