HomePolíticaEsperta Monforte presenta unha moción para peonalizar a ponte vella e paralizar...

Esperta Monforte presenta unha moción para peonalizar a ponte vella e paralizar a nova ponte no malecón

Esperta Monforte volve a considerar imprescindible peonalizar a ponte vella para conservala como monumento histórico, por ser incompatible co peso de vehículos que soporta.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na moción que presenta ao vindeiro pleno Esperta Monforte pide que se reorganice o tráfico rodado na zona de San Antonio, Ramberde e a súa contorna e se paralice de forma inmediata o tráfico rodado pola ponte vella, pasando a ser peonil.

Piden que se manteña a actual pasarela coas melloras que precise e se pare a pretensión de construir unha nova ponte neste lugar. Consideran que a nova ponte provocaría un dano ambiental, urbanístico e paisaxístico nunha zona contemplanada de respecto do casco histórico. Apuntan que “se rompería a continuidade do paseo do malecón” e califican de despilfarro de diñeiro público a súa construción, “existindo outras moitas necesidades.”

Demandan tamén que se fagan as xestións oportunas coas administracións implicadas para continuar a actual estrada de circunlación ata a N-120 “aproveitando a ponte que enlazaría por debaixo das instalacións da escola taller coa estrada de Sober e que serviría como enlace da parte sur da cidade.”

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...