HomeComarca de SarriaSarria250 persoas afectadas polo ERE da empresa Inelcom en Sarria

250 persoas afectadas polo ERE da empresa Inelcom en Sarria

O alcalde de Sarria reúnese este mércores día 19 de abril co comité de empresa para falar da destrución de emprego que suporá esta medida.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O comité da empresa de contact centerInelcom reúnese este mércores 19 de abril ás 11,00 horas co alcalde de Sarria (Lugo) para trasladarlle a súa preocupación pola destrución de emprego, tras o anuncio do expediente de regulación (ERE) por parte da empresa, que afectará a 250 persoas das 400 que traballan en Sarria.

En declaracións a Europa Press, a presidenta do comité, Olga López, sinalou que polo momento dispoñen de pouca información, pois o ERE foi presentado o día 12 e teñen 15 días para formalizar a mesa negociadora. “Despois será cando a empresa nos teña que enviar a documentación para xustificar o ERE e un mes para negociar con eles”, indica.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

A Pobra do Brollón acolle un concerto que reivindica poetas vinculadas á montaña lucense

O cuarteto vocal Son de Corda volve á Pobra do Brollón cunha nova proposta,...

Obradoiro contra a desinformación en Taboada

Esta actividade de alfabetización mediática será impartida por Selina Otero Verdes, licenciada en xornalismo...

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...