HomeComarca de QuirogaQuirogaCinco olivicultores participarán na XXIII Mostra do Aceite de Quiroga

Cinco olivicultores participarán na XXIII Mostra do Aceite de Quiroga

A cita co mellor aceite do concello terá lugar o domingo 14 de maio nas Farrapas, en Bendilló.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Pechado o prazo para as inscricións de cara a participar nesta Festa de Interese Turístico de Galicia cinco foron os olivicultores que puideron formalizar a súa presenza: Ouro de Quiroga, Jesús Bao Mondelo, Jesús Arias Rodríguez, Aceiroga e Pedro Soto Losada.

Estes produtores locais darán a coñecer e poñerán á venda o Aceite de Oliva Virxe Extra de Quiroga, que xunto coa recreación da elaboración tradicional no muíño serán os puntos centrais desta xuntanza.

Mostra do Aceite de Quiroga. Recinto feiral. Foto: XMF

O programa da Mostra comezará ás once e media da mañá coa posta en marcha do muíño e a apertura dos postos de venda de aceite, artesanía e produtos típicos. Para facilitar que as numerosas persoas que cada ano se achegan ata esta zona poidan ver o proceso de elaboración tradicional do aceite, dado o número reducido de aforo do propio muíño, na capela das Farrapas proxectábase un vídeo no que se pode ver como é este proceso.

Nesta xornada non faltará a música e o baile tradicional que virán da man dos grupos locais, o Recanto, San Martiño e Arume da Queiruga.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...