HomeDeportesVI edición da Carreira da Muller “Vivas e iguais” en Sarria

VI edición da Carreira da Muller “Vivas e iguais” en Sarria

Será este sábado 22 de abril e farase nas modalidades de carreira e de andaina. Nos dous casos o percorrido será de 5 quilómetros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As proba correranse sobre un circuíto de asfalto e sendeiros de terra de cinco quilómetros de lonxitude, mesturando zona urbana e natureza, e con apenas desnivel. A saída situarase no bulevar da rúa da Liberdade, á altura de Catro Camiños en dirección a Samos, para despois xirar á dereita pola rúa Castelao e, no cuartel da Garda Civil, seguir cara Ponte das Aceas, para logo volver pola zona do campo de fútbol ata a estrada de Monforte. Desde alí, voltarase de novo á rúa Castelao, seguirase cara ao pavillón, a piscina e cruzarase a zona do Hotel Alfonso IX ata atopar a meta no Malecón.

A recollida de dorsais será no Malecón do río Sarria, de 16:00 a 17:30h. e a organización disporá dunha carpa na zona de entrega de dorsais e camiseta conmemorativa para os 500 primeiros inscritos, asi como avituallamento líquido ao remate das probas.

Pechado o proceso de inscrición dende o pasado 17 de abril, na carreira apuntáronse 206 persoas e na andaina 342. Dende o concello, malia a predición de Meteogalicia que dá algo de auga, esperan que a participación non se resinta e animan “agardan a todo o mundo”.

ÚLTIMAS

Salvemos o Malecón presenta centos de alegacións ao proxecto da ponte e prepara contencioso contra a resolución de Patrimonio

A pesar do escaso tempo, durante tres días os membros da plataforma organizaron a...

Seguen as protestas veciñais do 11 de cada mes reclamando médicos na Pobra do Brollón

Baixo o lema «A saúde non pode esperar! A Pobra do Brollón necesita médicos!», os...

600.000€ da Vicepresidencia da Deputación en 554 axudas para asociacións culturais

A resolución concede 554 axudas, 318 para a organización de actividades de interese cultural...

Cortan un tramo da N-120 próximo ás vilas de Quiroga e San Clodio

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostenible comezou o pasado luns 5 de outubro...