HomePolíticaO PP de Taboada ábrese a Novas Xeración para as municipais

O PP de Taboada ábrese a Novas Xeración para as municipais

O cargo de presidente da agrupación recae en Gabriel García Abelleira, natural da parroquia de San Paio de Arxiz. O novo dirixente ten como profesión técnico de fibra óptica.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Partido Popular de Taboada contará coa representación de Novas Xeracións no municipio como “unha aposta clara do partido pola mocidade.” Esta iniciativa englóbase dentro da renovación que o partido está realizando na provincia apostando polos máis novos e presentando o seu programa electoral.

Desde o grupo xuvenil aseguran que “o noso programa conta como principal liña de traballo a mocidade e o asentamento de poboación no rural”. En canto á mocidade, o programa recolle o fomento do deporte e en particular a oferta de novos deportes en escolas deportivas de Taboada.

“É necesaria as actuacións de mellora no complexo deportivo de A Medela. Tamén temos que cubrir a pista de pádel e acondicionar a pista de tenis para o seu uso e desfrute durante todo o ano, ao igual que pista de fútbol sala”, explican desde NNXX. Neste sentido, subliñan a importancia de fomentar entre os máis pequenos a práctica de deporte. Aseguran que as actuacións de mellora no campo da Medela permitirán que funcione como eixo vertebrador do deporte en Taboada.

Noutra orde de cousas, NNXX quere potenciar de novo a Festa da Xuventude desde o Concello para atraer máis actividade de lecer para os mozos. En canto ao asentamento de poboación en zonas do rural unha das iniciativas máis destacadas sería a creación dun coworking “coa idea de axudar aos nómadas dixitais a establecerse nas zonas rurais. Para isto, contarase cun edificio con cinco oficinas e unha sala de reunións para novos emprendedores.”

A presidenta de NNXX, Rosa Arza, destaca a creación do grupo de Novas Xeracións en Taboada como “primordial para o desenvolvemento das accións xuvenís no municipio” e como unha ferramenta máis para loitar contra o despoboamento do rural. Ademais, Arza di: “A constitución da agrupación de Taboada enmárcase dentro do compromiso da dirección provincial xuvenil de renovar e aumentar a presenza do Partido na provincia. Estamos a traballar para seguir sumando máis caras novas co obxectivo de renovar as agrupacións locais”.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte volve reclamar máis seguridade no paso a nivel da Florida

Este paso a nivel volveuse poñer en funcionamento despois das obras na liña ferroviaria...

O condutor dun camión resultou ferido nunha saída de vía na N-120, á altura de Cereixa

O 112 Galicia tivo constancia do suceso ao redor das 11:35 horas deste martes,...

Próximas citas de emprendemento e emprego na Ribeira Sacra

A Xornada de Talento Feminino no Rural que se celebrará en Castro Caldelas comezará...

A Conselleira de Medio Rural presenta en Matacás a nova convocatoria de axudas para manter a paisaxe na Ribeira Sacra

No miradoiro das Penas de Matacás, en Castro Caldelas, a Conselleira Maria José Gómez...