HomePolíticaCarlos Armesto lidera unha candidatura “para consolidar a este municipio como un...

Carlos Armesto lidera unha candidatura “para consolidar a este municipio como un concello referente da Ribeira Sacra”

A lista completa coa que a formación popular deste concello do sur da provincia concorre ás eleccións municipais do 28 de maio está formada por 11 titulares e 10 suplentes. Trátase dun equipo que representa aos principais sectores económicos, culturais, deportivos e sociais do municipio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O candidato do Partido Popular á alcaldía do Saviñao, Carlos Armesto, indica que “a vontade de todos é a de seguir traballando para dar máis servizos aos veciños nos próximos catro anos”. Armesto agradece a todos os membros da lista que “me acompañen neste compromiso que implica un contrato directo cos cidadáns de cara a traballar dende a responsabilidade e a entrega para culminar os proxectos que dende a entidade local están en marcha e de seguir buscando alianzas para traer máis investimentos ao noso concello”.

“Son homes e mulleres dos que me sinto profundamente orgulloso, pois sei que non só representan a un proxecto político e a un partido político, senón que destacan pola súa entrega ao noso pobo e, en consecuencia, aos nosos vosos veciños”. Neste senso, engade: “Considero que esta é unha máxima que, como representantes públicos, sempre temos que priorizar por riba de todo”.

A candidatura constitúe, en palabras de Armesto, “a mellor representación do Saviñao e para O Saviñao”.

  1. Juan Carlos Armesto Quiroga
  2. Beatriz Rois Castro
  3. Joaquín González González
  4. María del Carmen Expósito González
  5. Jorge Eugenio Rodríguez Álvarez
  6. José López Díaz
  7. Sonia García Rodríguez
  8. Miguel Teijeiro Rodríguez
  9. Jorge Rodríguez Rodríguez
  10. Noelia Varela Casanova
  11. Cristina López Vázquez

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...