HomesociedadeDous premios de robótica para o departamento de informática do IES A...

Dous premios de robótica para o departamento de informática do IES A Pinguela

O equipo do IES A Pinguela vén de conseguir un 1º e un 3º premio no VI Campionato de Robótica que organiza a Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O departamento de informática do IES A Pinguela de Monforte participou por primeira vez nesta competición, que nesta ocasión reuniu a 116 equipos de Galicia. O IES A Pinguela estivo representado por dous equipos de alumnos de 1º do Ciclo Medio de Sistemas Microinformáticos e Redes, coordinados polo seu profesor José Pino, obtendo o primeiro e terceiro posto das súas categorías de competición.

Estes estudantes competiron na categoría DEMO-Robot, enfocada para estudantes de estudos medios, superiores e universitarios, categoría na que os equipos teñen que demostrar a súa habilidade no deseño e construción de robots así como na programación dos mesmos para catro probas diferentes.

O equipo “Guntineitor”, formado por Diego Guntín gañou dúas das catro probas, obtendo finalmente o primeiro premio da súa categoría. Por outro lado, o equipo “Dubel”, formado por Javier Area, David Delgado, Hugo López, Álvaro Mariñas, Victor Peralta, David Rodríguez e Manuel Rodríguez, quedou terceiro da mesma categoría.

“Foi un gran éxito, xa non só polos premios conseguidos senón polo traballo realizado, dadas as moitas horas de lecer dedicadas a montar e programar os robots, o que sen dúbida poderá supoñer unha saída profesional no seu futuro,” aseguran desde o centro.

ÚLTIMAS

Campaña promocional da IXP Pataca de Galicia con premios que consisten en experiencias na Ribeira Sacra

A IXP Pataca de Galicia vén de poñer en marcha a súa campaña de...

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...