HomeCulturaMaio de variada actividade no Círculo Saviñao

Maio de variada actividade no Círculo Saviñao

Este sábado, 29 de abril, ás 20.00h proxéctase "El último de Arganeo", un documental do chantadino David Vázquez.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

“El último de Arganeo” recolle a historia de Edilberto, un novo pastor orgulloso da herdanza dos seus antepasados, e que reivindica as tradicións dunhas paraxes deshabitadas e as memorias dunha forma de vida ao bordo da extinción.

A próxima cita no Círculo Saviñao será o día 3 de maio. Ás 20.00h Xabier Quiroga presentará o seu libro, “Coa man esquerda”, coa intervención de Fran Alonso, director de Edicións Xerais.

O día 6, tamén ás 20.00, o filológo e xornalista, Xosé Ramón Fandiño ofrecerá unha conferencia con ocasión do centenario do Seminario de Estudios Galegos: “Seminario de Estudos Galegos- Museo do Pobo Galego. Xan de Forcados e Pura Lorenzana”.

Para o 7 de maio, ás 6:30 de la tarde, inaugurarase a exposición do pintor e médico, Leopoldo García Méndez. E o día 27 de maio ás 8 da tarde, presentarase o libro de Andrea Micc “Crónicas de Vanusum. El reino de los reinos”.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...