HomeComarca de SarriaSarriaA Xunta colabora co 'Verbena Fest' de Sarria

A Xunta colabora co ‘Verbena Fest’ de Sarria

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, mantivo unha xuntanza cos organizadores do Verbena Fest de Sarria, José Castro e Héctor Sánchez, entre outros, para concretar a colaboración do Goberno galego co evento.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A quinta edición do Verbena Fest celebrarase os días 4 e 5 de agosto e terá de novo como escenario o local Meigallo, cunha terraza ao aire libre con capacidade para 1000 persoas. O sábado celebrarase a xornada principal, con música desde as 13.00 horas; os concertos serán de balde ata as 20:00 horas e a continuación de pago ata as 2:00 horas da madrugada do domingo.

As entradas darán acceso aos concertos de Second, Sexy Zebras, Kamikaze Helmets e El Chico López. O cartel do sábado completarase coa actuación previa, pola tarde, de Malenne, Louband e Los Naipes.

POSTOS DE COMIDA E PARA ASOCIACIÓNS LOCAIS

A gastronomía é un valor engadido para o festival, con varios postos de comida no  recinto, nos que se ofrecen pratos típicos ou de fusión de gran calidade elaborados por cociñeiros locais. 

Ademais, este ano o festival servirá de marco para que distintos colectivos e asociacións de Sarria instalen stands informativos para dar a coñecer o seu traballo.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...